Presentación da feira Gastronosa no 43º aniversario de Amicogal

Esta mañá presentouse na Cidade da Cultura a primeira edición da feira gastronómica Gastronosa, organizada pola asociación Amigos da Cociña Galega (AMIGOCAL). Un evento que se celebrará o luns 28, a partir das 11:00 horas ás 20:00 horas, no Museo Centro Gaiás. A feira, aberta ao público, servirá para celebrar o 43 aniversario do colectivo […]

O restaurante Paprica gaña o primeiro premio do XV Concurso de Tapas de Lugo

‘O alto do Fiouco’, unha proposta de fusión de comida asiática e galega dedicada á néboa lucense e, en particular, que normalmente provoca o peche da estrada A-8, foi a gañadora do XV Concurso de Tapas de Lugo despois foron as máis votadas entre as máis de 36.000 papeletas entregadas por clientes nas 47 localidades […]

Hotel Louxo La Toja celebra o seu 50 aniversario

Hotel Louxo La Toja abriu as súas portas en 1969 na Illa da Toja, tamén coñecida como Illa Louxo, de aí o seu nome. Agora, 50 anos despois, o emblemático hotel decidiu conmemorar este aniversario con diferentes actividades e accións promocionais que comezarán o 25 de outubro, cun evento que reunirá autoridades, representantes do sector […]

Catorce clubs náuticos galegos contan coa certificación Galicia Calidade e impulsan á Comunidade como referente turístico

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá, na entrega das certificacións de Galicia Calidade a 13 clubs náuticos e a Asnauga que este distintivo confirma que a Comunidade é un referente turístico. O selo de Galicia Calidade foi concedido nun acto celebrado no Real Club Náutico de Sanxenxo no que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas. […]

Showcooking con produtos Galicia Calidade na tenda Pop Up Galicia, Saberes y Sabores a cargo de Héctor López, do Restaurante España

A tenda Pop Up Galicia, Saberes e Sabores acolleu onte en Madrid un showcooking con produtos Galicia Calidade a cargo de Héctor López, un dos máximos expoñentes da cocina lucense e xefe de cociña do Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade que conta con dous Soles Repsol. As propostas gastronómicas de Héctor López […]

Celebra o teu evento no Restaurante O Barazal

Descubre os espazos que che ofrece o restaurante, os seus espléndidos xardíns ou os seus salóns interiores decorados con cariño e coidados ao detalle. Contarás cunha decoración que se adapta aos teus gustos e necesidades, ademais de contar cos produtos frescos e de calidade nos fogóns de sempre, pero con toques modernos. Déixate conquistar polos […]

Noites de terraza no Restaurante Nito

Reláxate e goza das últimas noites de agosto na terraza do Restaurante Nito, en Viveiro. Desfruta do son das ondas mentres degustas as exquisitas receitas que che ofrece na súa carta!  

Descubre os restaurantes do Grupo Lecer que están na Guía Repsol onde poderás probar os seus menús degustación por menos de 45 euros.

Restaurante España: situado na Rúa Teatro de Lugo, ofrece unha cociña actual nun local que acaban de remodelar. Ademais das súas múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas leiras de Recelle, o restaurante ofrece un menú degustación que pode probarse por 45 euros (bebidas non incluídas).   Restaurante A Taberna: situado […]

Menú especial "Noite de meigas" no Hotel Alfonso IX

Descubre o menú especial que está a preparar o Hotel Alfonso IX en Sarria para o día 25, unha noite de meigas! Fai a túa reserva no teléfono 982 53 00 05, no email info@alfonsoix.com ou na páxina web www.alfonsoix.com

Goza dos espazos naturais de Pontedeume

Se decidiches aloxarte na Cantina Río Covés, en Pontedeume, goza de todas as opcións que che ofrecen en canto a espazos naturais e lugares secretos de Galicia. Desfruta da natureza, reláxate e desconecta nas túas vacacións!

Habitacións libres no Hotel Bosque Mar a partir do 20 de agosto

Para todos aqueles que aínda non reservasen as súas vacacións e queiran gozar de Galicia, no Hotel Bosque Mar, no Grove, teñen habitacións libres a partir do 20 de agosto para que poidan desfrutar das Rías Baixas. Reserva na web do hotel e terás un 5% de desconto adicional! https://bosquemar.com

Oferta de emprego do Mesón a Cepa

Hoxe compartimos convosco unha oferta de emprego, neste caso do Mesón a Cepa. Todos aqueles que esteades interesados a que esperades para enviar o voso curriculum? curriculum@mesonacepa.com

Segundo o portal escapadarural.com, Galicia, Extremadura e Murcia destacan pola oferta destinada ao turismo petfriendly

Cada vez en maior medida os aloxamentos de turismo rural oriéntanse a ofrecer aos viaxeiros opcións para que poidan viaxar coa súa mascota. Segundo un informe do portal especializado EscapadaRural.com, o 40% dos aloxamentos rurais ofertados neste portal orientáronse cara a clientes con mascotas. Entre eles destaca especialmente a oferta de Extremadura, Galicia e Murcia, […]

Convocada unha nova edición dos Premios Alimentos de España

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou unha nova edición dos Premios Alimentos de España —neste caso 2018—, uns galardóns que queren recoñecer o traballo de empresas e profesionais que se distinguiron por producir, elaborar, distribuír e ofrecer aos consumidor alimentos de calidade. Nesta edición 2018, a convocatoria contempla as modalidades de Industria alimentaria, […]

A EFSA lanzou a primeira actualización da base de datos OpenFoodTox

A EFSA (Axencia de Seguridade Alimentaria da Unión Europea) lanzou a primeira actualización da base de datos OpenFoodTox, ferramenta coa que as axencias reguladoras, investigadores e consumidores poden acceder a todo tipo de información relacionada cos riscos químicos presentes nos alimentos destinados ao consumo humano e animal. Agora, esta base de datos ofrece información sobre […]

Coñece todos os restaurantes do Grupo Lecer

Estás a pensar onde celebrar o teu xantar ou cea de empresa, en familia ou cos teus amigos? Coñece todos os restaurantes do Grupo Lecer, certificados polo noso selo de calidade, e elixe o que mellor se adapte a ti! https://www.galiciacalidadelecer.gal/cat/restaurantes-gl/

XV Festa do Percebe en Rinlo

Se es amante do marisco, non esquezas a XV Festa do Percebe o vindeiro 4 de agosto, organizada pola Confraría de Mariscadores de Rinlo!

Ceas espectaculares no Asador Vacavella

Elixe entre as diferentes propostas á grella que che ofrece o Asador Vacavella e degusta coa túa parella, en familia ou cos teus amigos unha cea espectacular! Chama e reserva! 981 88 39 02

O Talaso Hotel Louxo La Toja inaugura hoxe as “Noites da Garza”

Esta noite o Talaso Hotel Louxo La Toja inaugura as “Noites da Garza”, sobre as 22.30 h dará comezo a actuación de The Soulbreakers, e, como suxestión,  propoñen a todos os seus clientes gozar do Cocktail Tropicana, rodeados dun ambiente inmellorable! Reláxate e goza das noites de verán no Talaso Hotel Louxo La Toja!

Emilio Butragueño visita o Restaurante A Taberna

O Restaurante A Taberna, situado en Ourense, recibiu hai uns días o ex futbolista Emilio Butragueño, quen puido gozar das receitas tradicionais galegas, sempre elaboradas con materias primas de calidade, frescas e de tempada.

Horarios do Bar Tamarindo para xullo e agosto

Dende o Bar Tamarindo lembran aos seus clientes que durante os meses de xullo e agosto a súa cociña permanecerá pechada os domingos por descanso do persoal. Pero para gozar dun bo vermouth e dunhas cervexas frescas, estarán esperando por ti coma sempre!  

Parabéns a Carlos Martínez, propietario do Restaurante El Coto

Parabéns a Carlos Martínez, propietario do Restaurante El Coto, polo recoñecemento recibido como membro da asociación europea de cociñeiros Euro-toques. Desde Galicia Calidade sentímonos orgullosos dos logros conseguidos polos nosos establecementos certificados!

Parabéns ao Restaurante España

Parabéns ao Restaurante España polo premio á Excelencia Turística 2018, outorgado pola Revista Executivos, no Círculo de Empresarios de Galicia. Orgullosos dos establecementos que forman parte do Grupo Lecer e están certificados polo noso selo de calidade.  

Estás a pensar en regalar algo especial?

Aínda non coñeces as caixas agasallo que che ofrece O Rincón da Baiúca? Goza de aloxamento para dúas persoas, almorzo buffet, detalle de benvida e menú degustación. A que esperas para facerte cunha delas?

Oferta de emprego no Hotel Spa Nanín

Hoxe compartimos convosco outra oferta de emprego, neste caso do Hotel Spa Nanín. Todos aqueles que esteades interesados a qué esperades para enviar o voso currículum?  empleo@nanin.com 

Menú de mercado no restaurante O Curro da Parra

Consulta todas as semanas o menú de mercado que che ofrece o restaurante O Curro da Parra na súa páxina web. Se estás en Santiago, non dubides en visitalo e gozar da gastronomía galega cun toque moderno! https://www.ocurrodaparra.com/

Goza dos almorzos caseiros do Hotel Rotilio

Degusta dos almorzos caseiros que che ofrece o Hotel Rotilio, onde poderás probar unha variedade tanto de propostas doces coma de salgadas, todo iso preparado con agarimo e esmero. A que esperas, reserva as túas vacacións e reláxate en Sanxenxo!

Unha representación do sector turístico galego estivo presente no II Congreso Mundial de Destinos Intelixentes

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, incidiu en que dende o Ministerio se quere impulsar unha Estratexia Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes que promova que “os destinos se configuren como espazos turísticos innovadores consolidados sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio turístico”. Esa infraestrutura debe, ademais, […]

Parabéns ao Bar Berberecho

Parabéns ao Bar Berberecho polo premio recibido na categoría de Restauración, de Sanxenxo Calidade Turística 2018, e polo distintivo de Compromiso de Calidade Turística.

O Restaurante O Grelo como referencia gastronómica en The Guardian

Descubre o artigo que publicou recentemente o diario The Guardian sobre hoteis, restaurantes e adegas galegas onde aparece tamén como referencia gastronómica o Restaurante O Grelo, en Monforte de Lemos. Non o perdas! https://www.theguardian.com/travel/2018/jun/23/holiday-guide-inland-galicia-ribeira-sacra-spain-hotels-restaurants-vineyards?CMP=share_btn_wa

Aínda non decidiches onde realizar o teu evento?

Coñece todas as posibilidades que che ofrece La Postrería en Coruña e goza de receitas e pratos exquisitos. Podes descargar os menús dende a súa páxina web: http://postreria.com/es/eventos A que esperas?

Oferta de emprego no Hotel Ego

Se queres traballar este verán e cres que podes encaixar no perfil, o Hotel Ego ten aberto un proceso de selección de camareiras de pisos. Todos aqueles interesados poden enviar o seu CV a: administracion@hotelego.es

Parabéns ao Bar Tamarindo polo galardón á "Mellor Taberna-Bar de Viños!

O Monasterio de San Clodio, na provincia de Ourense, acolleu a entrega dos Premios D.O. Ribeiro. Entre os asistentes estiveron presentes autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, os directores xerais de Gandería, Belén Docampo, de Desenvolvemento Rural, Miguel A. Pérez, ou o director […]

Estás a buscar hoteis en Galicia onde poidas aloxarte coa túa mascota?

No hotel Augusta Spa Resort admítense mascotas. Aceptan dous animais de compañía por habitación, e o cargo adicional por aloxarse con mascotas é de 10 euros a noite. Eles dispoñerán de cama especial acolchada, ósos e teñen ata parque de bólas! Fai a túa reserva! http://augustasparesort.com/

Descontos no Hotel Bosque Mar!

Se aínda non reservaches as túas vacacións, atento á proposta que che ofrece o Hotel Bosque Mar! As 10 primeiras reservas gozarán dun desconto exclusivo á hora de reservar habitación, para estancias entre o 8 e o 12 de xullo! A que esperas? https://bosquemar.com/oferta-especial-del-8-al-12-de-julio/

Desfruta da música e da gastronomía no Festival Port América!

Un ano máis o ShowRocking do Festival Port América estará formado por un nutrido grupo de chefs con ampla representación galega, entre eles Yayo Daporta, Iñaki Bretal (Restaurante O Eirado dá Leña),  Xoan M. Crujeiras (Restaurante  Bido) e Héctor López (Restaurante España) todos eles membros do grupo Nove e do grupo Lecer, certificados por Galicia […]

Coñece os establecementos do Grupo Lecer en Sanxenxo

Desfruta da praia e do sol en Sanxenxo e goza da gastronomía que che ofrecen algúns dos establecementos do Grupo Lecer, como o Bar Berberecho. Deixámosche aquí este artigo da Guía Conde Nast para que poidas botarlle unha ollada: http://www.traveler.es/naturaleza/articulos/que-hacer-en-sanxenxo-mejores-playas-hoteles-restaurantes/12781

Juan Carlos Navarro no Mesón A Cepa

O Mesón A Cepa tivo o pracer de contar coa presenza do escolta e capitán do Barcelona Lassa, Juan Carlos Navarro, quen puido degustar a gastronomía galega a través de receitas tradicionais elaboradas con produtos galegos de calidade.  

Reláxate e desconecta no Hotel Ego

Desfruta da privilexiada situación do Hotel Ego e reláxate durante a túa estancia coas súas marabillosas vistas. Xusto á entrada da ría de Viveiro, na desembocadura do río Landro, atoparedes o Hotel Ego. Se estás a pensar en relaxarte e desconectar gozando das vistas que che ofrece o hotel desde calquera das súas 45 habitacións, […]

Goza dunha marabillosa escapada nas Rías Baixas

Estás a pensar en facer unha escapada co teu grupo de amigos ou coa túa familia? Se pensaches nas Rías Baixas, o Hotel Bosque Mar é unha das túas opcións! Deixámosche esta ligazón onde poderás ver as súas diferentes propostas e elixir a que mellor se adapte a ti! Tu hotel para grupos en Galicia, […]