A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, incidiu en que dende o Ministerio se quere impulsar unha Estratexia Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes que promova que “os destinos se configuren como espazos turísticos innovadores consolidados sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio turístico”. Esa infraestrutura debe, ademais, […]
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, incidiu en que dende o Ministerio se quere impulsar unha Estratexia Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes que promova que “os destinos se configuren como espazos turísticos innovadores consolidados sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio turístico”. Esa infraestrutura debe, ademais, “ser accesible para todos, facilitar a interacción e a integración do visitante coa contorna, mellorar a súa experiencia no destino e incrementar a calidade de vida dos residentes”. A posición do Goberno coincide así coa do secretario xeral da OMT (Organización Mundial do Turismo), Zurab Pololikashvili, quen definiu os destinos turísticos intelixentes como “a clave do turismo do futuro, xa que poñen en valor a súa sustentabilidade, tanto ambiental coma económica e social, apoiándose para iso na tecnoloxía”.
E é que o turismo se atopa nun proceso de transformación sen precedentes pola irrupción de novos modelos e a incorporación masiva dunha tecnoloxía que “nos levará ao modelo turístico do século XXI” e por iso parte importante dos expertos que participaron nas diferentes mesas destacaron a necesidade da implicación da poboación local na planificación turística. Neste sentido, o Big Data pode axudar a tomar mellores decisións e mesmo axudar á derivación de fluxos turísticos para garantir a sustentabilidade social do turismo.