Utilizas os “stories” de  instagram? Aquí vos deixamos uns consellos!

Utilizas os “stories” de  instagram? Aquí vos deixamos uns consellos!

14/02/2018 - 13:30

Hoxe en día, Instagram e os seus  stories convertéronse nunha importante ferramenta de márketing para as empresas, e neste caso para os establecementos do grupo Lecer de Galicia Calidade. En xeral, poderiamos afirmar que Instagram cambiou a relación entre os clientes e os establecementos, ofrecendo unha visión coidada da súa oferta, ben gastronómica ou de […]

Hoxe en día, Instagram e os seus  stories convertéronse nunha importante ferramenta de márketing para as empresas, e neste caso para os establecementos do grupo Lecer de Galicia Calidade. En xeral, poderiamos afirmar que Instagram cambiou a relación entre os clientes e os establecementos, ofrecendo unha visión coidada da súa oferta, ben gastronómica ou de aloxamento.

Para todos aqueles establecementos que utilizan instagram como rede social, aquí vos deixamos uns pequenos consellos:

  • No stories de instagram podes engadir ligazóns a sitios que consideres de interese. Por exemplo, se queres redireccionar á xente á túa web, ou a unha oferta que teñas dispoñible na actualidade, etc. Desta maneira é moi sinxelo dirixir aos teus seguidores ao destino que máis che interese.
  • Tamén podes etiquetar outras contas (usuarios de instagram) no stories, isto é moi recomendable se fas un concurso ou un sorteo, xa que canto máis te conectes a outras contas, máis vas impulsar o compromiso e a interacción co teu establecemento.
  • Podes publicar tantos stories como queiras e como sabes estará activo durante 24 horas.
  • Tamén podes utilizar #hashtags e engadir localizacións para que poidas ser atopado por usuarios que buscan por ese método, así poderás captar novos seguidores e que moita máis xente te vexa.
  • Por último, queremos sinalar que aínda que xa sabemos que instagram se converteu no portfolio dos establecementos, onde coidan a súa imaxe ao detalle, o instagram stories é moito máis informal, instantáneo e coloquial, podendo utilizar os novos gifs para animar o vídeo ou a imaxe que publiques e facelo máis dinámico, e sobre todo utilizalo como estratexia de márketing para conseguir novos clientes ou para animar aos que xa fidelizaches a que te volvan visitar.