Despois de modernizar a súa páxina web e de mellorar o sistema de reserva de habitacións para os clientes, o Hotel Bosque Mar, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, lanza aos usuarios unha oferta de experiencias co obxectivo de que os clientes teñan unha agradable estancia no Grove. Nestes momentos ofrécenselles […]
Despois de modernizar a súa páxina web e de mellorar o sistema de reserva de habitacións para os clientes, o Hotel Bosque Mar, establecemento pertencente a ‘Lecer’ e certificado co selo Galicia Calidade, lanza aos usuarios unha oferta de experiencias co obxectivo de que os clientes teñan unha agradable estancia no Grove.
Nestes momentos ofrécenselles dous tipos. A primeira está relacionada coa gastronomía, para gozar dunha fin de semana inesquecible, degustando os mellores produtos galegos. A segunda, que leva por nome “Escapada entre Camelias e Viñedos”, ofrece ao cliente a oportunidade de visitar lugares emblemáticos da cultura galega, como unha famosa bodega e un pazo.
Se desexas saber máis, podes visitar a súa web na seguinte ligazón: https://bosquemar.com/ofertas-paquetes-especiales-disfrutes-grove/