Yayo Daporta colaborou recentemente nun proxecto solidario desenvolvido pola Federación Alzheimer Galicia. Trátase dun libro de receitas, titulado “Receitas para o recordo”, onde as persoas maiores son os verdadeiros protagonistas. Tal e como se expuxo na súa presentación, o libro conta con testemuños de mulleres que forman parte das asociacións que pertencen á federación, e […]
Yayo Daporta colaborou recentemente nun proxecto solidario desenvolvido pola Federación Alzheimer Galicia. Trátase dun libro de receitas, titulado “Receitas para o recordo”, onde as persoas maiores son os verdadeiros protagonistas. Tal e como se expuxo na súa presentación, o libro conta con testemuños de mulleres que forman parte das asociacións que pertencen á federación, e todas as súas receitas teñen en común o azafrán, especia milenaria con calidades beneficiosas capaces de previr enfermidades como o alzheimer, a esclerose múltiple e o párkinson.
O libro está á venda dende o pasado xoves na web do proxecto www.recetasparaelrecuerdo.com cun prezo de 15 €. Os beneficios obtidos serán destinados ás asociacións e centros de día de FAGAL.