Yayo Daporta foi convocado xunto con outros tres chefs a ‘We Are Face Food’, o primeiro encontro de chefs, restauradores e marcas premium de Eivissa, patrocinado por Estrella Damm e organizado pola guía gastronómica Face Food Magazine. Durante a súa intervención, titulada “A cociña tradicional actualizada”, Yayo falou da importancia que xoga o contorno no […]
Yayo Daporta foi convocado xunto con outros tres chefs a ‘We Are Face Food’, o primeiro encontro de chefs, restauradores e marcas premium de Eivissa, patrocinado por Estrella Damm e organizado pola guía gastronómica Face Food Magazine. Durante a súa intervención, titulada “A cociña tradicional actualizada”, Yayo falou da importancia que xoga o contorno no traballo dun chef e asegurou que “ser cociñeiro e traballar en Galicia é o mellor que che pode pasar”.
A cita contou tamén coas conferencias dos responsables dalgunhas das marcas máis importantes do panorama gastronómico internacional, como Triticum, Klimer, Caviar Paris 1925, Gran Blau, Placton Mariño, Oissat, Bifood e Castelo de Canena, e máis de 30 marcas premium participaron no encontro presentando os seus produtos máis recentes.