Yayo Daporta participou na presentación da 4ª edición de Incitus

Yayo Daporta participou na presentación da 4ª edición de Incitus

14/05/2018 - 15:03

O venres pasado foi presentada a cuarta edición da iniciativa Incitus, que apoia proxectos de hostalería cun modelo de negocio baseado na innovación e a creatividade. Os chefs con Estrela Michelin Pepe Solla e Yayo Daporta participaron na presentación do proxecto, realizada no restaurante Living Vigo, e empresas como Estrella Galicia, entre outras, serán colaboradoras […]

O venres pasado foi presentada a cuarta edición da iniciativa Incitus, que apoia proxectos de hostalería cun modelo de negocio baseado na innovación e a creatividade. Os chefs con Estrela Michelin Pepe Solla e Yayo Daporta participaron na presentación do proxecto, realizada no restaurante Living Vigo, e empresas como Estrella Galicia, entre outras, serán colaboradoras do proxecto.

Todos os interesados poderán inscribirse na web da iniciativa ata o próximo 30 de xuño e o proxecto gañador recibirá un premio valorado en 60.000 euros e contará ademais con todos os servizos necesarios para levar a cabo a súa proposta.